Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 3 de setembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 26 de xullo de 1999 (DOG nº 155, do 12 de agosto), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino, así como a toma de posesión no novo posto do funcionario seleccionado, efectuarase segundo os prazos establecidos no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Nº R.P.: 2780247035 A2095.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Espadas Escanciano, Ángel.

Posto de traballo: subdirector xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: SS.CC.