Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.661

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de setembro de 1999 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola Orde do 15 de xuño de 1999 (DOG nº 119, do 23), este instituto, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e vista a proposta do director xeral do IGVS, do 17 de setembro

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Denominación do posto de traballo: xefe servicio técnico.

Centro directivo: área provincial do IGVS.

Localidade: A Coruña.

Código do posto: OTA991000015001057.