Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.646

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 257/1999, do 17 de setembro, polo que se lle recoñece a galeguidade a Unión de Residentes del Ayuntamiento de Carbia-Villa de Cruces en Buenos Aires (Argentina).

En virtude do establecido no artigo 3, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de setembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñéceselle a galeguidade á Unión de Residentes del Ayuntamiento de Carbi-Villa de Cruces en Buenos Aires (Argentina).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública