Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.645

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 254/1999, do 23 de setembro, polo que se dispón que cese Juan Rodríguez Yuste como secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Que cese Juan Rodríguez Yuste, por pase a outro destino, como secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública