Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

O Concello de Santiso contrata, por medio de poxa con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a obra seguinte, incluída no Plan de Infraestructuras e Equipamentos Locais 1999.

1. Obxecto do contrato: esta poxa ten por obxecto a contratación da execución da obra de pavimentación de accesos a núcleos de poboación incluída no PIEL 1999.

2. Orzamento de licitación: o tipo de licitación é de 9.162.939 pesetas.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Presentación de proposicións: as proposicións para tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte da publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horas das 9 ás 14 e en dous sobres pechados,

que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de condicións.

5. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares: os pregos de cláusulas administrativas particulares que van rexer esta contratación, aprobados polo Pleno da Corporación do 7 de setembro de 1999, estarán expostos ó público durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía provisional: 183.259 ptas.

7. Garantía definitiva: 366.518 ptas.

8. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello, ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións; se coincide en sábado terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de proposición.

Modelo de proposición.

Don... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou documento que o substitúa)... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e con docmicilio en... nº... teléfono...) toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e accesos a núcleos de poboación, e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... que significa unha baixa de... en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Modelo de sobre.

Modelo de sobre.

Sobre A oferta económica.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación accesos a núcleos de poboación, presentada por...

En..., ... de... de 1999.

Sobre B documentación.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación accesos a núcleos de poboación, presentada por...

En..., ... de... de 1999.

11. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 14 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado