Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do procedemento sancionador de epizootias OU.T.89/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador indicado, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e o Regulamento que a desenvolve do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, posto que, intentada á notificación, o servicio de correos non a puido practicar.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria na conta restrinxida de recadación de multas e sancións desta delegación provincial nº 44-030-03919-6, da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, no prazo de quince días contados a partir do día siguiente a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa/ Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, Ourense. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Malia o manifestado no parágrafo anterior e de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo

dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Transcorrido o devandito prazo sen interpo-lo recurso esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 24 de agosto de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU.T.89/1999.

Interesado: Gerardo Iglesias Basallo.

DNI.: 34.967.690-P.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón y Cajal, nº 9, lº Esqda., Ourense.

Feito denunciado: transportar no vehículo OR-6673-L sete (7) tenreiros, desde explotacións da Pobra de Trives, Río e Castro Caldelas ó matadoiro do Pino en Ourense, sen estar en posesión do libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.

Tipificación da infracción: artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro), en relación co artigo nº 224 do Regulamento do 4 febreiro de 1955.

Sanción: dez mil pesetas (10.000 ptas.).