Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (86/1999).

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous,

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 86/1999-10, por instancia de axente da policía local nº 50 e 133, contra Salvador Cuevas Gómez, e nas súas actuacións, en resolución desta data, se acordou citar a Salvador Cuevas Gómez, co fin de que o día 4-11-1999, ás doce dez horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á realización do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, no que caso de non verificar, recaerá sobre el o prexuíxo a que houbera lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Salvador Cuevas Gómez, expido e asino en Santiago de Compostela o vinteseis de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado