Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.627

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións e á anulación dalgunhas preguntas do segundo exercicio da fase de oposición.

O punto 11 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que se o tribunal, de oficio, ou de acordo coas reclamacións que os interesados poidan presentar, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféficos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a anulación, se é o caso, de preguntas do segundo exercicio da fase de oposición e sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes neste segundo exercicio, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta

División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións acadadas polos aspirantes presentados ó segundo exercicio da fase de oposición das diferentes categorías convocadas pola devandita resolución, así como anular determinadas preguntas deste segundo exercicio, que serán substituídas pola preguntas respecticas de reserva, nas seguintes categorías:

Grupo xestión da función administrativa: pregunta nº 47.

ATS/DUE: preguntas nº 54 e 66 (e rectifica-la respostas da pregunta nº 34, como D).

Matrona: preguntas nº 77 e 101.

Traballador social: pregunta nº 89.

Auxiliar de enfermería: preguntas nº 34 e 36 (e rectifica-la resposta da pregunta nº 10, como C).

Celador: preguntas nº 18 e 51.

Pinche: preguntas nº 2 e 26.

Segundo.-Declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen no segundo exercicio da fase de oposición, na respectiva categoría, unha puntuación igual ou superior a 40 puntos, agás na catoría do grupo de xestión da función administrativa, que é de 22,50 puntos.

Terceiro.-Declarar expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadasen a dita puntuación na respectiva categoría.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán presenta-los interesados reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos