Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.606

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de setembro de 1999 pola que se dispón o nomeamento do vocal que en representación do Concello de Vigo forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, recibida copia do decreto que recolle o acordo do pleno, do 19 de xullo de 1999, do Concello de Vigo, polo que se nomea novo representante do dito concello na Autoridade Portuaria de Vigo, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Lois Pérez Castrillo vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación do Concello de Vigo.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda