Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Peña Armada para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 041-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Peña Armada coas seguites características:

Peticionario: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., r/ Betanzos, 1-1º Esqu., 15004 A Coruña.

Situación: concellos de Friol e Palas de Rei (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(588.000, 4.761.000); V(591.000, 4.761.000)

V(590.000, 4.757.000); V(588.000, 4.757.000)

V(588.000, 4.761.000).

Superficie afectada: 1.000 ha.

Potencia bruta: 21 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 6 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo