Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 2 de setembro de 1999, acordouse:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle do cuarteirón 6 (edificación terciaria. Comercial en edificio exclusivo) do Plan parcial da área 3 de SUNP no Burgo, presentado pola Sociedade Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A. e redactado pola arquitecta Mercedes Rosón Varela, que ten por obxecto a reordenación do volume edificatorio dela.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 6 de setembro de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde