Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.512

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de agosto de 1999 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo.

Advertidos erros na Orde do 13 de agosto de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do 20 de agosto de 1999, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 3, na páxina 10.451, columna 1, onde di: «1. Clase A, válida para persoas físicas maiores de 16 anos», debe dicir: «1.1. Clase A, válida para persoas físicas maiores de 16 anos».

Na páxina 10.451, columna 2, onde di: «2. Clase B, para titulares de embarcacións da 6ª lista do rexistro de buques, dedicadas a actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo», debe dicir: «1.2. Clase B, para titulares de embarcacións da 6ª lista do rexistro de buques, dedicadas a actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo».

Na páxina 10.451, columna 2, onde di: «1. Clase C, válida para persoas físicas maiores de 16 anos», debe dicir: «2.1. Clase C, válida para persoas físicas maiores de 16 anos».

No anexo II, na páxina 10.453, no modelo de solicitude do procedemento PE 405 A, no recadro inferior esquerdo, onde di: «Lexislación aplicable: Decreto do 13 de agosto de 1999, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo», debe dicir: «Lexislación aplicable: Orde do 13 de agosto de 1999, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo».