Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.508

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 27 de xullo de 1999 polo que se convocan probas selectivas para a contratación dun técnico en asuntos comunitarios pola Fundación Galicia-Europa.

Advertidos erros no devandito acordo, publicado no DOG nº 156, do pasado 13 de agosto, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 10.265, columna dereita, último parágrafo onde di: «Para o desenvolvemento do exercicio disporase dun tempo máximo de dúas sendo preciso obter...», debe dicir: «Para o desenvolvemento do exercicio disporase dun tempo máximo de dúas horas, e puntuarase de 0 a 10 puntos cada traducción, sendo preciso obter...».

Na páxina 10.266, columna dereita, punto b) onde di: «b) 5 puntos por mes de traballo completo relacionado...», debe dicir: «b) 0,5 puntos por mes de traballo completo relacionado...».

Na páxina 10.267, anexo I, temario das probas, no bloque II onde di: «12. Asuntos de Xustiza e Interior», debe dicir: «13. Asuntos de Xustiza e Interior».