Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 23 de agosto de 1999 polo que se anuncia concurso, polo trámite ordinario, para a contratación das obras de saneamento e pavimentación dos camiños. Banda do Río e Mouchos (Campelo). FCL/99 (PIEL).

Tipo de licitación: 10.998.310 ptas., IVE incluído.

Fianzas: provisional por importe do 2% e definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de execución: seis meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Poio, 27 de agosto de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde