Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o arrendamento de tres vehículos tipo turismo (plurianual) (C.P. 110/1999).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88,

do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: arrendamento de 3 vehículos de tipo turismo, destinados á realización dos servicios de hospitalización a domicilio que corresponden ó Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Orzamento: 11.520.000 ptas. (69.236,59 euros).

Garantía provisional: 230.400 ptas. (1.384,73 euros).

Lote 1: arrendamento de 3 vehículos tipo turismo.

Orzamento: 11.520.000 ptas. (69.236,59 euros).

Garantía provisional: 230.400 ptas. (1.384,73 euros).

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

2. Prazo de entrega: os vehículos arrendados serán entregados dentro do prazo máximo dos 30 días naturais seguintes ó asinamento do contrato.

3. Admisión de variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias ofertas (ata un máximo de dúas variantes, ademais da oferta básica), que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a prestación, solucións alternativas ás definidas no anexo I: prego de prescricións técnicas adxunto.

O licitador que utilice esta posibilidade aterase ás seguintes instruccións:

Deberá incluír no sobre B, dedicado á oferta económica, tantas ofertas como formule.

No sobre B, dedicado á oferta técnica, incluirá, ademais dos restantes documentos requiridos, a descrición das variantes propostas.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Condicións do servicio de asistencia ofertadas, capacidade e medios cos que contan as empresas para a súa prestación: 35 puntos.

Rebaixas económicas sobre o orzamento máximo de licitación: 25 puntos.

Oferta técnica dos vehículos propostos; características e prestacións, funcionalidade, melloras e outras ventaxas: 25 puntos.

Condicións presentadas e melloras sobre os mínimos de pregos respecto á obriga de aseguramento do arrendador: 15 puntos.

Total puntuación máxima posible: 100 puntos.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias

de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de setembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalajo-Marítimo Oza da Coruña