Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da subministración e entrega de indumentaria para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante os anos 1999 e 2000.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: adquisición e entrega de indumentaria para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante os anos 1999 e 2000.

2.2. Prazo de execución: primeira entrega (anualidade 1999), ós 15 días desde a formalización do contrato. Segunda entrega (anualidade 2000), en xaneiro do 2000.

3. Orzamento base de licitación: 25.530.000 ptas. IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata, ou do lote ou lotes ó que se presenten ofertas.

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata ou do orzamento do lote ou lotes adxudicados.

6. Documentación e información.

6.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

6.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente