Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta corporación, en sesión extraordinaria do día tres do presente mes, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación da poxa, mediante procedemento aberto, das probas de construcción dunha nova casa do concello en Viveiro, publícase o presente anuncio:

Licitación de contrato para adxudicación mediante poxa por procedemento aberto das obras de construcción dunha nova casa do concello.

Anúnciase, por medio da presente resolución, a contratación das referidas obras, conforme as características que a continuación se sinalan:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Viveiro.

2. Dependencia que tramita o expediente: Oficina de Urbanismo e Contratación.

3. Obxecto do contrato: obras de construcción dunha nova casa do concello en Viveiro, consonte o proxecto técnico redactado polo arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte.

4. Lugar de execución: Praza Maior de Viveiro.

5. Prazo de execución: 5 anos.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: poxa.

9. Orzamento: trescentos setenta e un millóns oitocentas oitenta mil setecentas corenta e seis pesetas (371.880.746 ptas.), IVE incluído.

10. Garantía provisional: 7.704.647 ptas.

11. Garantía definitiva: 15.409.294 ptas.

12. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría D.

13. Obtención de documentación e información: Concello de Viveiro, Negociado de Urbanismo e Contratación, Praza Maior nº 1, Viveiro, teléfono 982 56 01 28, extensión 24. Telefax 982 56 11 47.

14. Presentación de ofertas: a data límite de presentación é de 26 días naturais a partir da última publicación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

15. Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Viveiro en horario de 9 a 14 horas.

17. Apertura de ofertas: no salón de sesións do Concello de Viveiro, o segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas levarase a cabo a apertura dos sobres B ás 13 horas.

18. Outras informacións: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

19. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Viveiro, 10 de setembro de 1999.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental