Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO. (Expediente 20/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 3 de setembro de 1999, aprobou o seguinte acordo:

1. «Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no ámbito do A.P.E.-G9.01, rúa Caballeros, presentado polo Arcebispado de Santiago de Compostela.

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista».

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que, á vista do expediente que permanecerá exposto ó público na oficina de Planeamento de luns a venres, desde as 12 ata as 13.30 horas, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de setembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo