Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, decretos 2617/1966 e 2619/1966 da Administración central así como a Lei 10/1995 e os decretos 442/1990, 327/1991 e o Decreto 205/1995, de Administración autonómica, sométese a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de efectos ambientais e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, a instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos 1, 1º Esqda., 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Castelo.

Municipios afectados: Coristanco e Tordoia, (A Coruña).

Características técnicas:

Superficie afectada: 2.740 ha.

Coordenadas:

V(X= 522.000, Y= 4.774.000).

V(X= 527.000, Y= 4.772.000).

V(X= 527.000, X= 4.766.000).

V(X= 525.000, Y= 4.766.000).

V(X= 522.000, Y= 4.771.000).

V(X= 522.000, Y= 4.774.000).

25 aeroxerados, modelo Gamesa G-47-660 de 660 kW montados sobre torres troncocónicas de 45 m de altura e rotores de 3 paás de 47 m de diámetro, potencia total 16,5 kW.

25 centros de transformación equipados con transformadores de 775 kVA e seccións de 0,69/20 kV dos que parte a rede de media tensión a 20 kV, subterránea, paralela ás vías, con conductores R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e cable de

fibra óptica de 4 fibras distribuídas en dúas liñas e chegada de ambos a subestación eléctrica.

Subestación eléctrica 20/66 kV equipada cun transformador de potencia de 25 MVA, un para servicios axiliares de 250 kVA e seccións de 20/0,380-0,220 kV e tódolos aparellos de protección, telemando, telecontrol, sinalización e medida nas cabinas a 20 kV e no lado de 66 kV.

Todos aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de treinta días.

A Coruña, 7 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña