Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000. A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Vite II-Vite VI.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 460 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vite II (expediente 31095) e final na liña que alimenta o C.T. Vite V (expediente 31095) unha vez que entre e saia do C.T. Vite II-Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 18 de agosto de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións