Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999, da Secretaria Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun edificio administrativo en San Lázaro, Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 5/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: construcción dun edificio administrativo en San Lázaro, Santiago de Compostela.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 117, do 21 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos dezaseis millóns noventas trinta mil seiscentas sete pesetas (516.930.607), IVE incluído (3.106.815,52 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 6 de agosto de 1999.

b) Contratista: U.T.E. NECSO Entrecales Cubiertas, S.A. e ODEIN, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catrocentos setenta e un millóns cincocentas corenta e catro mil cen pesetas (471.544.100), IVE incluído (2.834.037,12 euros).

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio