Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.448

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (grupo C), vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocadas pola Orde do 12 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 28 de maio), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión do 15 de setembro de 1999, sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión do día 15 de setembro de 1999 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (grupo C), vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocadas pola Orde do 12 de maio de 1999, acordou, de conformidade co disposto na base quinta da convocatoria, convoca-los aspirantes admitidos ás probas selectivas, relación elevada a definitiva por Resolución do 7 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 20 de xullo), á realización do primeiro exercicio no lugar, día e hora que se especifica:

Lugar: Aula nº 17 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 6-7, en Santiago de Compostela.

Día: 23 de setembro de 1999.

Hora: ás 17 horas.

Os aspirantes admitidos irán provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal