Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 pola que se anuncia, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, a obra: liña de subministración de enerxía eléctrica en media tensión á estación transformadora do IES Isidro Parga Pondal de Carballo.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: liña de subministración de enerxía eléctrica en media tensión á estación transformadora do IES Isidro Parga Pondal de Carballo.

b) Lugar de execución: Carballo

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 7.526.825 ptas.

3. Tramitacion, procedemento e forma de adxudicacion.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías.

Exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n. 7º planta.

c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentacion das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

Localidade: A Coruña 15071

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Coruña.

b) Enderezo: praza Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: ó cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de setembro de 1999.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña