Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de agosto de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02016-O-98 e outro máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10

de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferenica bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o

prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 23 de agosto de 1999.

Mª Carmen Murias Calzada

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02016-O-98

M-2502-GV

G.C. Tráfico

José González Couceiro

Torneiros, 18

36400 O Porriño (Pontevedra)

Circular facendo un transporte de chatarra, con distintivos distintos ós autorizados pola tarxeta de transportes. Obstenta distintivos ámbito local. Servicio público.

17-11-1998; 18; N-550; 174

O.M. 25 de outubro de 1999 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-02095-O-98

C-4457-BJ

G.C. Tráfico

Tranyuges, S.L.

García Prieto, 54, 56

15700 Santiago de Compostela (A Coruña)

Conducir desde as 15.15 horas ás 20.22 horas do día 21-11-1998 cunha interrupción a partir das 20.22 de 44 minutos. Servicio privado.

21-11-1998; 21.55; N-525; 298

Art. 7 do R(CE) 3820/1985Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 pras.