Pola Orde do 29 de abril de 1999 (DOG nº 96, do 21 de maio) convocáronse subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como nacional e internacional.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concederlles axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos e na contía que se indican en cada caso.
Segundo.-Os pagamentos faranse de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 29 de abril suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestivamente recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, ou ben recurso contencioso-administrativo, de acordo co previsto nos artigos 116 e seguintes da Lei 4/1999, pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas
(Orde do 29 de abril de 1999, DOG do 21 de maio)
Solicitante Denominación Universidade Axuda
Acinas García, Juan Román Jornadas Españolas de Ingeniería de Puertos y Costas Universidade da Coruña 465.000 ptas.
Alonso Ramos, Margarita Jornadas sobre Lingüística del Corpus Universidade da Coruña 250.000 ptas.
Andrade Garda, José Manuel Xornadas Nacionais do Voluntariado Social Universidade da Coruña 233.000 ptas.
Solicitante Denominación Universidade Axuda
de Compostela
de Compostela
de Compostela
de Compostela
de Compostela
Blanco González, Aurelia XIII Encuentro de Directores de EE.UU. de Estudios Empresariales Universidade da Coruña 250.000 ptas.
Casado Neira, David Las Astucias de lo Social II: Fronteras Universidade de Vigo 324.000 ptas.
Dosil Maceira, Agustín III Congreso Internacional de Psicoloxía e Educación: Orientación e Intervención Psicopedagóxica Universidade de Santiago
750.000 ptas.
Fernández Areal, Manuel A propaganda política nas sociedades democráticas Universidade de Vigo 462.000 ptas.
Fernández Pérez, Mª Milagros Lingüística aplicada e novas profesións Universidade de Santiago
400.000 ptas.
Freixeiro Mato Xosé Ramón Simposio «Castelao na Galiza do Século XX» Universidade da Coruña 475.000 ptas.
González Maestro, Jesús III Congreso da Teoría da Literatura Universidade de Vigo 200.000 ptas.
Lameiras Fernández, María I Congreso Nacional de Psicología Clínica y de la Salud Universidade de Vigo 500.000 ptas.
Luna Alonso, Ana A Europa das linguas: planifica-la pluralidade Universidade de Vigo 562.000 ptas.
Pintos Cea-Naharro, Juan Luis Convención Española de Ciencia Ficción (HISPACON) Universidade de Santiago
500.000 ptas.
Prada Rodríguez, Darío Jornadas sobre Calidad y Medio Ambiente: Medio Ambiente Laboral Universidade da Coruña 400.000 ptas.
Prado Díez, David La Creatividad en la Universidad Universidade de Santiago
375.000 ptas.
Rebolledo Varela, Ángel Luis Congreso Nacional sobre Responsabilidad Patrimonial de las Administraciones Públicas Universidade de Santiago
475.000 ptas.
Rodríguez Míguez, Luis A medicina naturista clásica ante as enfermidades reumáticas Universidade de Vigo 562.000 ptas.
Romero Martín, Manuel Relación enfermera-paciente Universidade da Coruña 472.000 ptas.
Saavedra González, Mª Ángeles No Paramétrica 99 Universidade de Vigo 155.000 ptas.
Saco Álvarez, Alberto Espacios e Políticas Sociais Universidade de Vigo 400.000 ptas.