Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación San Amaro 2520.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, por resolución da Dirección Xeral de Industria do 21 de maio de 1999, outorgouse a concesión derivada do permiso de investigación San Amaro 2520, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito

ornamental, que se sitúa no termo municipal de Cangas, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 26 de agosto de 1999.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra