Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. San Cidre.
Situación: Toques.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 95 e 50 mm Al, de 1.474 m de lonxitude, con orixe no C.T. Montelén, existente e discorrendo polos lugares de Montelén e San Cidre. Toques.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 17 de agosto de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións