Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 12 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de carteis, debuxos e redaccións para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor, en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor de 1999.

Por resolución conxunta do 15 de marzo de 1999 (DOG nº 72 do venres 16 de abril de 1999), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo disposto nas bases 5ª e 6ª, polo xurado mencionado na base 8ª da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para carteis ou debuxos e traballos de redacción presentados conforme á resolución conxunta do 15 de marzo de 1999, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

José Luis Mira LemaJorge J. Vázquez-Molezún

Director xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto

e Formación ProfesionalGalego de Consumo

ANEXO

Modalidade redaccións:

Título: sen título.

Alumna: Carmen Álvarez Hernández.

Nivel educativo: 3º ciclo de educación primaria.

Centro: Colexio San José de Ourense.

Premio: 150.000 pesetas: 65.000 ptas. para a alumna e 85.000 ptas. para o centro.

Título: O Euro, a Nosa Moeda.

Alumna: Graciela Pérez Rodríguez.

Nivel educativo: 1º ciclo da ESO.

Centro: Tomás de Lemos de Ribadavia (Ourense).

Premio: 175.000 pesetas: 75.000 ptas. para a alumna e 100.000 ptas. para o centro.

Título: O Euro, a Nosa Moeda.

Alumna: Lorena Jiménez Rivas.

Nivel educativo: ensinanzas medias.

Centro: Instituto Rosais 1 de Vigo.

Premio: 200.000 ptas.: 90.000 ptas. para a alumna e 110.000 ptas. para o centro.

Modalidade: debuxos ou carteis:

Título: sen título.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: educación infantil.

Centro: CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo (Lugo).

Premio: 125.000 pesetas: 50.000 ptas. para os alumnos/as e 75.000 ptas. para o centro.

Título: sen título.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: 1º e 2º ciclo de primaria.

Centro: CEIP Canosa-Rus de Carballo (A Coruña).

Premio: 150.000 pesetas: 65.000 ptas. para os alumnos/as, e 85.000 ptas. para o centro.

Título: varios.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: escolas de arte ( ó non se presentar traballos dentro deste punto, adxudicouse o premio deste nivel educativo ós traballos presentados polos alumnos/as de educación especial, compartido entre tódolos concursantes).

Centros: Centro de Educación Especial nº 2 de Lugo e Saladino Cortizo de Vigo.

Premio: 200.000 pesetas: 90.000 ptas. para os alumnos/as e 110.000 ptas. para os centros.