Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6 de agosto de 1999, aprobou inicialmente o documento de revisión e adaptación do plan xeral de ordenación municipal e acordos complementarios e

dispuxo a apertura do trámite de información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Durante o período sinalado, o documento pódese consultar na casa do concello, en horario de oficina.

Faise público para xeral coñecemento.

Ferrol, 9 de agosto de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde