Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Torneiros (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente

execución por Decreto 385/1991 do 7 de novembro, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 3-8-1999, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Pol e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 20 de agosto de 1999.

P.S.R.

David López Casal

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

Vº e Prace

P.S.R.

Juan José Cabañó Fernández

Secretario da Delegación provincial de Lugo