Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o día 2 de agosto de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución A Perillana, presentado por Angelina García González, en representación da xunta de compensación U.E. A Perillana, redactado polos arquitectos Eduardo e Arturo Fraga Fernández, cun orzamento que ascende a 45.730.292 ptas.

Exponse ó público o expediente durante o prazo dun mes coa finalidade de posibles reclamacións.

Ponteareas, 5 de agosto de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde