Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía, con data do 20 de agosto de 1999, o estudio de detalle para ordenación de volumes na parcela situada na zona da praia, entre a estrada e o camiño de ferro, na parroquia de San Martiño do Porto, redactado polo arquitecto Jesús Muíños Fernández e promovido por Prominfer, S.L.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente instruído para o efecto sométese a información pública na secretaría do concello polo prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que poida examinarse e, se é o caso, formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Cabanas, 20 de agosto de 1999.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa