Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento nos distintos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo (C.P. 3/1999).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento nos distintos centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias (C.P. 3/1999).

Orzamento: máximo autorizado de sete millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (7.450.000 ptas.) (IVE incluído) (44.775,40 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: un mes desde a sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza do Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono: 982 29 63 29 e 982 29 62 19; fax: 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Garantía provisional: 2% do orzamento máximo.

Nº orde 1: 14.000 ptas. ó 84,14 euros.

Nº orde 2: 6.000 ptas. ó 36,06 euros.

Nº orde 3: 45.000 ptas. ó 270,46 euros.

Nº orde 4: 4.800 ptas. ó 28,85 euros.

Nº orde 5: 33.000 ptas. ó 198,33 euros.

Nº orde 6: 7.200 ptas. ó 43,27 euros.

Nº orde 7: 39.000 ptas. ó 234,39 euros.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

a) Prezo: 11.

b) Calidade da prestación: 9.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax: 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 19 de agosto de 1999.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo