Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Mellora do abastecemento de auga a Agolada-segunda fase. (Agolada-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 36.687.100 ptas.

-Potabilización de auga na Gudiña. (A Gudiña-Ourense).

Adxudicatario: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A. e Asteisa, Tratamiento de Aguas, S.A. (U.T.E.).

Orzamento: 30.628.037 ptas.

-Ampliación e mellora do abastecemento de auga ó Vicedo e comarca-segunda fase. (O Vicedo-Lugo).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 102.765.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento en Albarellos, Feás, Vilachá e Becoña. (Boborás-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A.

Orzamento: 149.875.000 ptas.

-Unificado do saneamento dos barrios de Sobreiro e Chan do Casal en Xuntáns. (Ponte-Caldelas-Pontevedra).

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Orzamento: 41.876.923 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia