Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio)
e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Verdemar.
Cultivo: ostra plana (Ostrea edulis).
Localización: cuadrícula nº 62 O Grove A.
Data da concesión: 21-6-1972.
Data do remate da última prórroga: 29-7-2002.
Anteriores concesionarios: Méndez Radio, Albino (35.370.099) e Lores Méndez, Elisa (35.398.669).
Novos titulares concesión: Méndez Lores, José-Mario (35.259.282); Castro García, Amalia (35.431.629); Casal Filgueira, Ramón (35.293.763) e Méndez Lores, Mª Montserrat (35.304.777).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 12 de agosto de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Ponvedra