Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de agosto de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea B.S.O.M.

Visto o expediente incoado por Manuela Sineiro Vieites, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado B.S.O.M, outorgado pola orde ministerial do 19-6-1978, situado na cuadrícula nº 74, do polígono A do Grove, rematando a concesión o 9-8-2008, e do que eran titulares Benito González Dios e Manuela Sineiro Vieites.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a copia do testamento outorgado por Benito González Dios o 19-12-1984, a relación de bens e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Manuela Sineiro Vieites (76.842.051); Benito González Sineiro (35.431.529); Susana González Sineiro (35.447.064); Mª Encarnación González Sineiro (35.456.730) e Olga González Sineiro (35.455.522).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134 do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra