Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 53/99, interposto por Juan Rodríguez González

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, pola que se reclaman os expedientes relativos ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 53/99, interposto por Juan Rodríguez González, contra as resolucións do 29 de maio de 1999 e do 25 de xuño de 1999, polas que se outorgaban os destinos correspondentes ós concursos de traslados con datas 15 de febreiro de 1999 e de 5 de outubro de 1998 respectivamente, polos que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remi

sión dos citados expedientes administrativos ó referido órgano xudicial, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e son emprazadas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local