Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: seguro de asistencia médica.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza para cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 9 de abril de 1999, nº 81.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.479.740 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data do 27 de xullo de 1999.

b) Adxudicatario: empresa Sanitas, S.A.

c) Importe: 6.407.040 ptas.

Fáise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento