Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.168

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de setembro de 1999 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 463/1999, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vista a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 463/1999, do 5 de maio, recaída no recurso contencioso-administrativo número 01/0001788/1995, interposto por Carlos Castro Roig, contra a resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de outubro de 1995, sendo o seu pronunciamento do seguinte teor:

«Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Carlos Castro Roig contra a resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de outubro de 1995, anulando esta en canto aplica ó Sr. Peris Escrig, polo mérito de ter prestados servicios na escola Municipal de Música de Zaragoza, o apartado 1.1 do baremo -anexo I da Orde do 8 de xuño de 1994- outorgándolle 4,500 puntos; sen facer imposición de custas».

Na súa virtude, ó se-la devandita sentencia firme, e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 e na disposición transitoria cuarta da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

DISPOÑO:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria