Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Entrimo, pola que se anuncia a contratación da obra de construcción de vestiarios no campo de fútbol dos Cruceiros por procedemento aberto e poxa.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase poxa por procedemento aberto, para adxudica-las obras de construcción de vestiarios, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a construcción de vestiarios no campo de fútbol dos Cruceiros.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 7.158.135 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento en vigor.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do 4º día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXV do prego de cláusulas.

Entrimo, 15 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado