Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Cumprido co establecido no artigo 22 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, a composición definitiva da mesa de contratación, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada o día 29 de xullo de 1999, queda constituída de acordo co seguinte detalle:

Presidente: concelleiro de Compras.

Vocais: secretaria xeral.

Interventor municipal.

Técnico municipal.

Secretario: auxiliar Administrativo do Negociado de Contratación.

As reunións da mesa de contratación terán lugar nas dependencias municipais sitas na Trv. de Arteixo, nº 249-2º, o cuarto día hábil seguinte ó que finalice o prazo de presentación de proposicións, agás sábados.

Arteixo, 5 de agosto de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente