Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, mediante concurso público número 4/1999, da adquisición de reactivos e demais subministracións para a Unidade de Microbioloxía do Servicio de Laboratorio do Hospital Comarcal Valdeorras.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público nº 4/1999, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a Unidade de Microbioloxía do Servicio de Laboratorio do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento:

A adquisición de reactivos e demais subministracións para a Unidade de Microbioloxía do Servicio de Laboratorio do Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 5.900.000 ptas (35.459,714 euros), IVE incluído.

Prazo de entrega:

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado, a primeira entrega ós quince días da adxudicación, o resto segundo as necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio do centro.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Tfno.: 988 33 90 05.

Fianzas:

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento dezaoito mil pesetas (118.000 ptas. 709,194 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 50 puntos.

-Equipamento técnico: ata 40 puntos.

-Asistencia técnica: ata 10 puntos.

Admision de variantes:

Non se admitirá a presentación de variantes.

Presentacion de proposicions:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 4 de agosto de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras