Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 231/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 3 de agosto de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 231/98-C-

Denunciado: Manuel Bello Pérez.

DNI: 35.882.626.

Último enderezo coñecido: r/ Alcalde Antela, 65, Vigo (Pontevedra).

Feito probado: non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva, aínda sendo titular dela.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.4º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.