En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que a Comisión de Goberno, en sesión do 30 de xullo de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle nº 1, promovido por este concello e redactado polo arquitecto municipal, referido á praza da Pastoriza/rúa Estanislao Peña (núcleo histórico), desta vila.
Contra o citado acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou calquera outro que se considere pertinente.
Vilanova de Arousa, 10 de agosto de 1999.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde