Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: Secretaría. Nº de expediente: 399/1999.

2. Obxecto do contrato.

Adquisición dun equipo recolector-compactador de RSU.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.700.000 ptas., IVE, matriculación e demais impostos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama. Domicilio: Avda. José Antonio, 1, A Lama, código postal: 36830.

Teléfono: 986 76 82 38-986 76 80 36. Fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos polo artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos polo artigo 17 da LCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidade: Concello da Lama. Domicilio: Avda. José Antonio, nº 1, A Lama, código postal: 36680.

Data: terceiro día hábil seguinte, agás sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Hora: 13 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 11 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado