Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/205-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento rúa Ponteareas.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 3.000 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. BAL 718, entre os CC.TT. Manuel de Castro e polígono 12, rematando nun punto da mesma liña, concello de Vigo. Centro de seccionamento na rúa Ponteareas, no centro de saúde, cun conxunto de celas compactas SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 29 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra