Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Roupeiro-Matamá.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 28 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. BAL 701 ata o C.T. que se proxecta no Roupeiro-Matamá, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., de 60 m de lonxitude. R.B.T., subterránea, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Pontevedra, 28 de xullo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra