Ás 10 horas do día 5 de outubro de 1999 celebrarase na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano, bloque 3, planta baixa, Santiago de Compostela), perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral e do Patrimonio que actuará como secretario, a primeira poxa do seguinte ben inmoble:
Descrición/concello: soar situado no número sete da avenida da Florida, termo municipal de Vigo (Pontevedra), dunha superficie de 157,05 metros cadrados. Linda: pola fronte, coa avenida da Florida; pola dereita, co predio de Vigo Miñor, S.A.; pola esquerda, comunidade de propietarios nº 1 da avenida da Florida; polo fondo, coa avenida do Fragoso.
Cargas: non constan.
Datos rexistrais: Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo, libro 605, folio 159, predio nº 46.236, inscrición primeira.
Tipo de licitación: 60.803.250 ptas.
Declaración de alienabilidade: orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de xuño de 1999 (DOG nº 132, do 12 de xullo).
Acordo de alleamento: acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de setembro de 1999.
Tramo de poxa: 100.000 ptas.
Natureza do ben: ben de dominio privado da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio ou nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.
Para máis información haberá dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio Tlfo.: 981 54 41 52, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, planta baixa.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda