Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de licitación.

Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño.

Obxecto do contrato: execución da subministración e instalación de material para a execución das actuacións de aforro enerxético 1999, segundo memoria redactada para o efecto. Lugar de entrega: Concello do Carballiño. Ourense. Prazo de entrega: 1 mes.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Tipo de licitación: 4.245.600 ptas.

Garantías: provisional: 84.912 ptas. Definitiva: 169.824 ptas.

Obtención de información: no Concello do Carballiño, teléfono: 988 53 00 07, 988 53 00 09, fax: 988 53 00 08. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, esta incluído.

Requisitos específicos do contratisa: non se esixen requisitos específicos distintos dos xerais sinalados nos pregos.

Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos diarios no que deba selo (BOP ou DOG), en horario de oficina no rexistro xeral do concello, ou da forma sinalada na cláusula IX do prego de condicións. b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados «Documentación xeral» e «Domentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula IX dos pregos.

Apertura de ofertas: na casa do concello, ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións (se o día fora sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 3 de agosto de 1999.

O secretario

Rubricado