Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xullo de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-40-IV/76, conta 233 e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.504, 1.501 e 1.091 do Código Civil e a cláusula IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e

domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de xullo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Jesús Vázquez Villarabide e herdeiros.

Expediente C-40-IV/76 (Desafiuzamento F.P. 77/99).

Conta 233.

Polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 17, P-2, 5º A (A Coruña).

Importe débeda: 2.028.039 ptas.

Data notificación: 16-7-1999 e 26-7-1999.

-Fernando Rivas Seijas e herdeiros.

Expediente C-1-CD/79 (Desafiuzamento F.P. 156/99).

Conta 475.

O Birloque, bloque 12, P-12, 9º C (A Coruña).

Importe débeda: 350.956 ptas.

Data notificación: 21-7-1999 e 22-7-1999.